Saltar ao contido

Orde de San Basilio Magno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orde de San Basilio Magno
Ordo Sancti Basilii Magni
Instituto relixioso da Igrexa Católica
Historia
Fundación1607 en Gran Ducado de Lituania
FundadorYosyf Rutskyi e Yosafat Kuntsevych
Aprobación20 de agosto de 1631 por Urbano VIII
Goberno e estrutura
ProtoarquimandritaGenezii Viomar
Outros datos
SiglasO.S.B.M.

A Orde de San Basilio Magno (en latín: Ordo Sancti Basilii Magni; en ucraíno: Чин Святого Василія Великого), tamén coñecida como Orde Basiliana de San Xosafat, é un instituto relixioso masculino de dereito pontificio e de rito bizantino. Os seus membros engaden ao seu nome as siglas O.S.B.M.

Os monxes basilianos tiveron un papel importante na difusión do cristianismo na Rus de Kíiv. Coa Unión de Brest da Metrópole de Kíiv coa Igrexa Católica, o metropolita Yosyf Rutskyi e o bispo Yosafat Kuntsevych reformaron o monasticismo segundo o modelo das ordes relixiosas latinas, e favoreceron a unión de varios monasterios baixo o goberno dun protoarquimandrita. O papa Urbano VIII aprobou a orde cun breve do 20 de agosto de 1631.

Logo das particións de Polonia a orde sufriu moito por mor da persecución tsarista e xosefinista. En 1882 o papa León XIII promoveu a restauración da orde, o que foi posíbel especialmente grazas ao traballo e Andrei Sheptytskyi. O papa Pío XII aprobou o 14 de xuño de 1954 as novas constitucións da orde.